Páginas vistas en total

jueves, 3 de mayo de 2012

Aceña do Gaitaneiro(Rial-Val do Dubra-A Coruña)

PREMA SOBRE AS FOTOS PARA VELAS MÁIS GRANDES
Pedra(capa ou moa) do millo preparada para picar. Está colocada no artiluxio que permite levantala, movela, e darlle a volta.

Tolva ou muega e cubrición da capa

Cubrición da capa

Aceña do trigo. A fariña sae separada dos salvados

O grao bótase na muega, pasa pola quenlla e cae no ollo da moa situado no centro e métese entre a moa e o pé. Ó xirar desfai o gran contra o pé. 
Das xuntas da moa e do pé sae a fariña que vai caer nun lugar chamado farneiro, nesta foto é do trigo e a fariña e os salvados van caendo nunhas cazoletas que cun sistema de poleas vai subindo pola chimenea que se ve de madeira e van parar ás tolvas onde se separa a fariña dos salvados que caen polas lonas en forma de embudo e van parar ós sacos enganchados nas bocas das lonas, neste caso atadas ó final porque non ten os sacos postos.